Un ano mais, e xa van 3, facemos o balance final do que foi o curso escolar 2016-2017 a nivel meteorolóxico.
Nos puxemos moi contentos no mes do outubro cando nos notificaron que fóramos escollidos como PROXECTO DE EXCELENCIA do Plan Proxecta. Que implica esto? Pois que estamos entre os 10 mellores proxectos de Meteoroloxía que realizan o Proxecta nos Centros de Ensino de Galicia, e ademáis por segundo ano consecutivo.
Este ano incorporamos unha nova sección: MÚSICA na que os departamentos de idiomas traballan sobre cancións nas que a meteoroloxía é o seu leitmotiv.
Os nenos de infantil nos regalan con outro magnífico video onde traballan o léxico galego sobre fenómenos atmosféricos.
Os rapaces de primeiro de Primaria estiveron observando cómo cambian de cores as árbores do patio ao longo do ano. Tomaron notas das datas, fixeron debuxos e fotos identificativa e con todo fixeron unha estupenda montaxe