Exposición cambio climático
Durante 10 días, coincidindo ca semana Meteorolóxica Internacional, tivemos aberta unha exposición sobre o cambio climático na Biblioteca do Colexio. O groso da exposición pertencía á exposición itinerante sobre o cambio climático que ten o CITA , e que xentilmente foi cedida durante estas datas. A maiores, fixemos unha búsqueda intensa en medios dixitais das novas relacionadas co cambio climático durante o ano 2014 e principios do 2015 , revisando os documentos do Panel Intergubernamental de Expertos no Cambio Climático (IPCC), e distintos documentos de organismos internacionais vinculados co cambio climático e que estiveron a disposición do público para a súa consulta os días que durou a exposición. Asimesmo fixemos unha recompilación de distintos documentos gráficos que incluían , posters, gráficos, fotos, traducidos ao galego cando era preciso ,e no que o cambio climático era o protagonista.
Como complemento, os alumnos de 4º da ESO, subtitularon ao galego videos que aportaban unha explicacion clara sobre o problema do CO2 e o seu balance.
Estos videos e outros se proxectaban nos recreos.
Serían innumerables os documentos a citar que contribuíron ao traballo da exposición. Como mostra fixemos un taboleiro en pinterest onde aparecen algún dos utilizados para a mesma.
Con toda esta información, os alumnos de 4º da ESO, nun traballo conxunto cos departamentos de Bioloxía, Inglés e Galego, realizamos un video no que tentamos de dar unha imaxe de como están as cousas e cáles son as solucións que se están tomando para atallar o problema.