A nosa casetiña meteorolóxica
A estación está situada na zona Norte do campo de fútbol a 37 metros sobre o nivel do mar, segundo datos extraídos de IBERPIX. Despois de mirar durante todo o primeiro trimestre modelos en internet,
decidimos facer unha caseta atornillada nun poste a 110 cm de altura
sobre a herba do solo, que fora accesible para os máis pequenos, e que
se poidera sacar facilmente nos períodos de vacacións. A porta da caseta
foi orientada cara o Norte cun compás.
Todos os materiais, desde a madeira ata as bisagras e as rellas de ventilación, proceden de material reciclado no taller de Tecnoloxía.
O poste foi instalado por Ángel Gerpe, Xefe de obras do Concello de Pontecesures.
O termómetro interior de máximas e mínimas está pendurado do teito na parte media da caseta para favorecer a ventilación. Asimesmo o solo da caseta e o teito están ventilados. Na parte sur situamos o pluviómetro Hellmann de 120 litros, que ten unha probeta de 25 mm e un depósito con gran capacidade, polo que, se desborda a probeta, pódese medir tamén o volume desbordado.
As nosas coordenadas UTM son:
Empezamos a recoller os datos meteorolóxicos no mes de xaneiro de luns a venres, agás nos períodos vacacionais.
Establecimos turnos de mostraxe en parellas, e durante unha semana recollían os datos as 8.55 da mañán como moi tarde, para non ter que interferir co horario de entrada no centro ás 9:05., e para garantir que as mínimas fosen reais.
Durante o segundo trimestre a toma de datos correu a cargo dos alumnos de 1º da ESO e no terceiro foron os alumnos de 5º de primaria. Os datos recollidos semanalmente subíanse a web de meteoescolas periodicamente.
Sempre que entraba unha nova parella, un compañeiro que xa previamente recollera datos noutra tanda, revisaba o procedemento e sinaláballe todas as problemáticas que poideran xurdir no proceso. Cando foi o cambio de trimestre, alumnos de 1º da ESO asesoraron durante unha semana enteira aos alumnos de 5º de primaria .
No seguinte video podedes ver como é o funcionamento normal dos aparellos e cómo levamos a toma de datos.

528785 UTM X 29T
4729934 UTM Y 29T
A toma de datos:

Datos 2015-16
Os datos recompilados este curso desde o 21 de decembro ata o 15 xuño podedes descargalos no seguinte enlaceDatos 2016-17
Os datos recompilados este curso desde o 21 de decembro ata o 15 xuño podedes descargalos no seguinte enlaceCatevento e anemómetro
No mes de maio tivemos rematado o catavento e o anemómetro, que foron recuperados dunha vella caseta meteorolóxica, Para esto contamos coa inestimable colaboración do Concello de Pontecesures que nos instalou un poste nun lateral do edificio de Administración. Conectado ao anemómetro fixemos un cadro que está situado ao abeiro dos ventos do Sur na parede da entrada ao edificio de Administración. Nel podemos observar a velocidade do vento en cada momento e relacionala ca forza do vento nunha escala Beaufort adaptada a nosa contorna. No seuinte enlace podedes ver os pormenores da súa instalación e o seu funcionamentoPosicionamento dos elementos no mapa
A situación dos distintos aparellos e a posición de distintas especies que utilizamos para medir as sinais fenolóxicas e as estacións meteorolóxicas e de aforo máis próximas aparecen no seguinte mapa interactivo . De este xeito temos a man, dun xeito moi rápido e visual acceso a todos os datos que despois usamos para desenvover os nosos traballos.
Este ano 2017 incorporamos datos de estacións mariñas (A plataforma de Carril e a boia de Ribeira) para estudiar as variacións de salinidade que se produce como consecuencia das chuvias , co fin de estudar as variables que poden influir na captura das lampreas.