Música



Este ano empezamos unha nova andadura musical abrindo unha conta en Spotify co nome, como é lóxico, de Meteocesures. Nesta conta os alumnos de 4º da ESO buscan cancións, entre toda a base discográfica de Spotify, que falen do tempo ou que teñan como eixe central o tempo atmosférico, en calquer idioma. A recompilación inclúe case 400 cancións. O proxecto, coordinado pola profesora de francés Irene Mejuto, ten como fin traballar o léxico meteorolóxico e a pronunciación dun xeito dinámico e motivador. Algunhas das cancións da lista son traducidas polos nenos en coordinación cos departamentos de Inglés, francés e galego, e algunhas son Karaokizadas (moitas delas teñen vídeos en youtube en plan Karaoke) para traballar a pronunciación de xeito divertido.




Na procura destas cancións descubrimos auténticas xoias meteorolóxicas como son:


Weather Songs de Tom Glazer

Son 16 cancións feitas exprofeso para público infantil onde se comentan os principais elementos atmosféricos, mitade narrados e mitade cantados.  Entre elas destacan:
  •  Where is the Stratosphere?
  • How clouds are formed?
  • Humidity.
  • What does the glass of a greenhouse do?
  • Warm fronts, cold fronts.




 The Great Weather Song Person

Así como Tom Glazer era un prestixioso cantante country que tiña un programa de radio de gran audiencia, Matt Farley, o individuo que está detrás de este disco,  é un auténtico  e descoñecido"freak"  que pode facer un disco doble con 83 cancións sobre calquer tipo de evento meteorolóxico sen inmutarse. Aínda que a súa calidade musical é cuestionable, ten un punto entrañable que fai obrigada a súa escoita. Destacan perlas como:

  • Dew point: what a wonderful thing ¡
  • O Yeah¡ It´s a doopler radar Yeah¡
  • You need a thermometer
  • Hypothermia song
  • Jet Stream song
  • Here comes El Niño.




La météo qui chante.

Dentro de la  LISTE DE CHANSONS SUR LA MÉTÉO elaborada por los alumnos de francés, destacamos a éste como álbum monográfico. Son cancións clásicas dos anos 40 e 50 interpretadas por clásicos da talla de Édith Piaff, Jacques Brel ou Luís Mariano, e que teñen como leitmotiv aos eventos meteorolóxicos.

Como estos clasicotes eran un pouco tostón para algún, seleccionouse un listado de cancións máis "modernilla". As elexidas para traballar este ano foron:


1. LA PLUIE (ZAZ) https://www.youtube.com/watch?v=ja3oDIYNPkU

2. LA PLUIE DE GRÊLE (BLÉ) https://www.youtube.com/watch?v=ceM45iGsEN4

3. SOLEIL CHALEUR (ARIANNE MOFFAT )

4. SOLEIL SOLEIL (LARA FABIAN) https://www.youtube.com/watch?v=-0ngHkDsvJI

5. LE VENT (GEORGES BRASSENS) https://www.youtube.com/watch?v=t7SpM3bTGBs

6. JE T’EMMÈNE AU VENT (LOUISE ATTAQUE) https://www.youtube.com/watch?v=BRTDC9Z5UdE

7.LA NEIGE (DIONYSOS)  karaoke https://www.youtube.com/watch?v=38qKXPienqs https://www.youtube.com/watch?v=XywygtRT9So



Para poder acceder á conta de Meteocesures tes que estar rexistrado en Spotify. O rexistro é gratis (Spotify free) e podes atopar como facelo premendo no ícono da dereita