Infantil

2015

En abril augas mil 

 Os nenos de 4 anos de infantil, dirixidos pola profesora Berena Fontela, traballamos as habilidades do conteo, a seriación e a representación non verbal dos números, co fin de establecer relacións deductivas por comparación entre obxectos. Para desenvolver estas habilidades, plantexamos a actividade: En abril augas mil, consistente en coller o mes de abril e ir apontando diariamente nun cadro os días que choveu e os días que non choveu. Todos os días procedíamos a contar ata acabar o mes. Cos datos totais escribimos en número os días, e fixemos un diagrama de barras onde cada alumno colacaba unha pegatina por día na barra correspondente. Ao final comparamos as dúas barras. O desenvolvemento do traballo está resumido no seguinte video:



2016

A realidade imita ás nubes

Os nenos de infantil pasaron unhas máñás estupendas mirando para o ceo observando as nubes De repente apareceron Coellos, pombas, leóns, castelos, augamares, cans e rabaños de ovellas. A profesora Patricia Antas fotografaba as nubes e nós descobríamos as formas que antes visualizamos. Posteriormente fixemos debuxos lembrando o que vimos. Froito de todo este traballo fixemos este video







2017

O léxico galego dos fenómenos atmosféricos

 A profesora Patricia Antas traballou cos rapaces de 5 anos diversas palabras que usamos para definir a chuvia e outros fenómenos atmosféricos. Amizar, arroiada, chuvisca, folerpa, froallo, lóstrego, orballo, e trebón, forman xa parte do léxico estudiado. Para facelo máis lúdico teatralizamos os fenómenos atmosféricos no seguinte video .