Galego

Dende o ENDL e o Departamento de Lingua Galega decidimos participar no Plan Proxecta de meteoroloxía que lle foi concedido ao centro este curso elaborando uns murais virtuais coa aplicación Linoit.
 Primeiramente, o alumnado dos distintos cursos da ESO captou fotografías do noso contorno que amosasen distintos estados meteorolóxicos. Logo, nas clases de galego traballaron o vocabulario do campo semántico do tempo atmosférico e elaboraron textos literarios inspirados no que se vía nas imaxes. Para iso, de 1º a 4 º de ESO traballouse previamente a técnica do microrrelato e do haiku. Tamén contamos cunha entrevista que uns rapaces/as de 1º de ESO lle fixeron a un pescador de lamprea, para saber como lle inflúe o tempo atmosférico a esta actividade. Con estes arquivos, o alumnado de Informática de 4º de ESO foi elaborando os murais que podedes ver nestas ligazóns:

DÍAS FUSQUENLLOS 

 Mural elaborado por ANTÍA DOMÍNGUEZ ORDÓÑEZ:de 4º da ESO

Mural elaborado por  SABELA LÓPEZ CALDELAS de 4º da ESO:
http://linoit.com/users/sabela30/canvases/D%C3%ADas%20fusquenllos.


ABRENTES E SOLPORES INVERNAIS

Mural elaborado por ALEJANDRO MOSQUERA LESTIDO 4º da ESO:
http://linoit.com/users/alexmosquera/canvases/plano%20

TREBÓNS E ARCOS

Mural elaborado por LORENZO RIVAS SEIJO 4º da ESO:
http://linoit.com/users/lorenzoRS/canvases/trebons%20e%20arcos%204


INVERNO SOLLEIRO

Mural elaborado por  SAMUEL GARCÍA CASTRO 4º da ESO:


Mural elaborado por VERENA VIEITES FERNANDES, 4º da ESO:
http://linoit.com/users/verenavieites/canvases/Inverno%20Solleiro%201




Tamén vos presentamos a recompilación completa de haikus e microrrelatos elaborados polo alumnado do CPI de Pontecesures nesta presentación.


http://www.slideshare.net/trasnoparoleiro/trebn-do-39-en-pontecesures?ref=http://www.blogoteca.com/pontecesuresgalego/index.php?cat=14271
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN from trasnoparoleiro



2016

Este curso os departamentos de Lingua Galega e Bioloxía decidimos poñer en andadura esta actividade para o Plan Proxecta "Meteocesures", na que colabora tamén o ENDL do centro. Trátase dun breve xornal, que pretende ter continuidade e ser máis ambicioso en próximos anos, que na edición deste curso recolle dúas noticias, unha reportaxe e unha crónica de temática meteorolóxica, redactadas nas aulas de 1º e 2º de ESO de lingua galega, co asesoramento e a colaboración do Departamento de Bioloxía.

A continuación, explicamos como organizamos o traballo nas aulas:

1. Decidimos cales foron os temas de maior interese informativo deste curso:

-A escaseza de choivas e as altas temperaturas do outono de 2015.

-A acumulación de choivas na 1ª quincena de xaneiro.

-As consecuencias dun trebón extraordinario en 1939 en Pontecesures.

-Os datos fenolóxicos observados este ano no CPI de Pontecesures.

2. Tratamos o tema dos xéneros xornalísticos na aula de lingua galega.

Para iso baseámonos na información que incorpora a seguinte ligazón:


3. Decidimos que xénero xornalístico se adaptaba mellor a cada un dos temas seleccionados e a cada nivel educativo:

-REPORTAXE: O outono do 2015 (2º ESO)
-NOTICIAS: Inundacións de xaneiro e datos fenolóxicos (1º ESO)
-CRÓNICA: O trebón do 39 (2º ESO)

4. Incorporamos ligazóns neste blog para que o alumnado de 1º e 2º buscase información sobre estes temas nas aulas de lingua galega.


ENLACES DE INTERESE XERAL PARA A REDACCIÓN DO BALLÓN



"METEOCESURES"

BLOG DO PLAN PROXECTA DE METEOROLOXÍA DO CPI DE PONTECESURES


CANLE DE YOUTUBE DO PLAN PROXECTA METEOCESURES



DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO CPI DE PONTECESURES



CAMBIO CLIMÁTICO






LIGAZÓNS E INDICACIÓNS PARA TRABALLAR CADA UN DOS TEMAS NA AULA DE LINGUA GALEGA:

A) A FENOLOXÍA:

-PROXECTO TÉMPORAS. PÁXINA DE FENOLOXÍA


Baseándonos na información que nos ofrece esta páxina, elaboramos unha noticia que recolle os datos fenolóxicos obtidos nesta primavera no CPI de Pontecesures. A noticia pode seguir este guión:

0. Pensa cal pode ser o TITULAR DA NOTICIA.
1. Que é a fenoloxía?
2. Que é o proxecto Témporas?
3. Fenoloxía e cambio climático.
4. Especies que investigamos no CPI de Pontecesures ao longo deste ano.
5. Análise dos resultados e comparación cos obtidos outros anos.
6. Conclusións.



B) INUNDACIÓNS DE XANEIRO DE 2016.


TIPO DE ARTIGO: NOTICIA XORNALÍSTICA

GUIÓN:
1. Que aconteceu? Cando? Onde? Cales foron as consecuencias? Cal foi o tratamento que lle deron a esta noticia os principais medios de comunicación?
2. Comentario dos datos de precipitación recollidos na nosa estación meteorolóxica o día 13 de xaneiro.
3. Finalmente, pon en relación o acontecido nese día coa situación meteorolóxica habitual da primeira quincena de xaneiro. Houbo outros casos de alerta meteorolóxica durante eses días?

FONTES DE INFORMACIÓN:

TELEDIARIO MEDIODÍA DA TVE DO 14 DE XANEIRO

AVISO DE ALERTA METEOROLÓXICA DO TELEXORNAL DA TVG DO 13 DE XANEIRO


ARTIGO NO BLOG 4GOTAS SOBRE O TEMPO DA PRIMEIRA QUINCENA DE XANEIRO EN GALICIA

INFORMACIÓN SOBRE OS RÍOS ATMOSFÉRICOS E TEMPORAIS EN GALICIA



C) UN OUTONO (2015) MÁIS CÁLIDO E SECO DO NORMAL
TIPO DE ARTIGO: REPORTAXE

GUIÓN:

1. INTRODUCIÓN. RESUMO DO RECOLLIDO NO ARTIGO DE 4 GOTAS.


2. ANÁLISE DOS DATOS DE OUTONO DE TEMPERATURAS E PRECIPITACIÓN RECOLLIDOS NO INFORME DE METEOGALICIA.


3. CONTRASTAR ISTO COS DATOS QUE HAXA DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA.



D) REDACCIÓN DUNHA CRÓNICA SOBRE UNHA TREBOADA DO ANO 1939.

-Resumo do acontecido baseándonos no relatado en dous xornais da época:

"El Faro de Vigo"


El Pueblo Gallego 




-Incorporar a información de entrevistas do alumnado a persoas maiores que viviron o acontecido.

-Redacción do artigo aplicando o estilo xornalístico da crónica.


5. Realización de distintas portadas para o xornal e elección dunha delas nunha reunión do ENDl.

6.O RESULTADO FINAL: XORNAL O BALLÓN. MAIO DE 2016

Cada alumno redactou no seu ordenador portátil o artigo que se pedía para cada nivel. Logo lemos na clase distintos resultados e seleccionamos o que consideramos que tiña máis calidade, facendo as correccións oportunas: