Fenoloxía

Segundo a Organización Meteorolóxica Mundial a fenoloxía trata do estudio dos fenómenos biolóxicos que se presentan acomodados a ritmos periódicos en relación co tempo e co clima. Etimoloxicamente a palabra fenoloxía está composta por dúas palabras de orixe grega que son: phaenein = apariencia e logos = ciencia ou tratado. Hoxe en día, a fenoloxía é unha disciplina compartida tanto polas ciencias naturais como pola meteoroloxía, centrada no estudio dos ciclos dos seres vivos de acordo coas variacións do tempo atmosférico. A fenoloxía estudiará pois a época do ano onde se producen determinados sinais ou fenofases, que marcan o comenzo ou a fin de ciclos anuais dos seres vivos.


A fenoloxía parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son os mellores indicadores do tempo atmosférico, pois son o resultado de millóns de anos de evolución acomodando as variacións climáticas á propia supervivencia. Un desaxuste entre ambas partes tería un alto prezo para os seres vivos, de aí que os sensores biolóxicos sexan máis precisos que tódolos algoritmos matemáticos que se poidan deducir da medida das variables climatolóxicas.
A información fenolóxica é unha peza clave para a comprensión dos procesos de interacción atmosfera-biosfera. A partir dela podemos ordenar o territorio en divisións naturais, definindo climas e microclimas, deducir rotas de migración de aves e insectos, interpretar anos agrícolas, avaliar a evolución de pragas, etc. é, por tanto, unha axuda inestimable na planificación agronómica-forestal, nos estudios de ordenación do territorio, e unha ferramenta indispensable no coñecemento autoecolóxico das especies.