Primaria

1º de Primaria: Ao abeiro do carballo

Os alumnos da clase de 1º dirixidos pola profesora Isaura Abril, levaron a cabo o proxecto Ao abeiro do carballo .  
Foi un proxecto de iniciación á investigación, no que se pretendía que os alumnos foran construíndo coñecementos a partires da observación periódica do ciclo vital do carballo e de varias especies asociadas.
O fundamental era potenciar a observación e a curiosidade, de estar atento a todas as posibles sinais que nos informan da presencia da vida que xira en torno a esta árbore.
 Os alumnos tocaron, debuxaron, escoitaron e ata paladearon os cambios nos ciclos vitais dos animais e das plantas. 
 Contamos coa colaboración do Departamento de Bioloxia e Xeoloxia que nos cedeu lupas binoculares, prismáticos e microscopios para afondar aínda máis nas nosas observacións abríndolle aos rapaces unha nova fiestra ao mundo diminuto. 
O calendario da actividade foi saíndo un pouco sobre a marcha, en función dos cambios que se producían ao longo do ano. 
No primeiro trimestre traballamos coas landras: qué son, quén as come, porqué son tan amargas, etc.
Sementamos landras e plantámolas nun pequeno viveiro que fixemos na clase. Periodicamente mirábamos a súa evolución: a formación da raíz, despois o brote coas primeiras follas,etc. Unha vez tiñan un tamaño axeitado transplantámolas a unha maceta maior para poder ser plantado o curso que ven no antigo vertedoiro do concello.

 Nos últimos dous trimestres, o eixo vertebrador da actividade foi  darlle aos rapaces as ferramentas axeitadas para que de aquí en adiante podan traballar na recompilación de datos da natureza e os podan relacionar con variables climatolóxicas co fin de facer un calendario fenolóxico anual.
Para esto fixemos fichas mensuais de todo signo de vida  que observamos ou escoitamos, dende a saída de novas follas, o canto dos paxaros, a emerxencia de eirugas e agallas, e como estos seres aparecían no momento xusto, remarcando a sintonía dos ciclos vitais.

Froito deste traballo, sobre todo do último trimestre, realizamos o seguinte video:



4º A de Primaria: Meteo rimas; o inverno

Os alumnos de 4º A de primaria dirixidos pola súa titora Rosa Nodar levaron a cabo o proxecto Meteo rimas.

Os rapaces de 4º analizaron os datos meteorolóxicos  recompilados polos alumnos de 1º da ESO durante o inverno, e realizaron un resume en verso da evolución dalgunhas variables meteorolóxicas como a precipitación, xeadas,  temperaturas máximas e mínimas, etc.  

A actividade pretendía por un lado fomentar a curiosidade polo coñecemento das variables meteorolóxicas, a súa variación ao longo do tempo e o seu análise, e por outro xogar co léxico, a métrica e as rimas dun xeito atractivo e divertido.
 Con todo esto , elaboramos unha copliña en verso que podedes ver no seguinte video:

 

  2016

2º de Primaria. O que pinta a choiva

Na programación de Coñecemento do Medio de 2º de Primaria se contempla a iniciación na curiosidade por buscar explicacións sobre fenómenos naturais; o plantexamento de hipóteses e o deseño de experiencias para contrastalas. Nós plantexámonos qué pasaría se deixamos que a choiva pinte debuxos realizados con distintas técnicas (acuarela, témperas, ceras, etc.) Froito desta experiencia realizamos o seguinte video. Coordinado polos profesores Isaura Abril, Luis Feito e  Rosa Nodar

.





2017


As árbores do patio

O alumnado de 1º de Educación Primaria, dirixidos pola profesora Berena Fontenla, realizou un proxecto de observación dos cambios que se producen nas árbores do noso patio co paso do tempo. Cada mes fixemos fichas rexistros con fotos, debuxos e características principais de Moreiras, vimbios, prunos, carballos e arces rexistrando todos os cambios que apreciábamos. Con todas as fotos que fixemos ao longo do proxecto montamos este video.